Thursday 09 de May de 2024

O Concello organiza unha xornada de exaltación ao pan de Carral e ao resto dos seus locais


O evento terá lugar este domingo, 30 de maio ás 13.00 horas, coincidindo coa celebración da feira municipal.

A situación sanitaria obrigou ao Concello de Carral a cancelar, este ano, a súa tradicional Festa
do Pan, unha celebración gastronómica para exaltar ao seu produto estrela: o pan de Carral. Con todo, co obxectivo de poñer en valor este e outros produtos locais, o Concello organizará este domingo, 30 de maio, unha xornada de exaltación á súa rica oferta gastronómica. O evento arrincará ás
13.00 horas no campo da feira, onde ese día se celebra tamén o tradicional mercado do último domingo de mes. A actividade incluirá un showcooking a cargo de Iago Cagiao,

Premio Picado Cidade da Coruña 2019. Así mesmo, como parte do evento haberá tamén unha maridaxe por parte de Miguel Viña, responsable da tenda de alimentación Mundo Galego.

O evento levarase a cabo seguindo as medidas de prevención hixiénico-sanitarias para reducir así o risco de contaxios pola covid-19.